Saímos no xornal!

A continuación plásmase a noticia do noso primeiro EcoPreguntoiro recollido na Voz de Galicia dixital do 21 de marzo.

O Santa Baia de Boiro pasa a cuartos de final

Enfrontouse no concurso «Ecopreguntoiro» a La Merced de Lugo

21 de marzo de 2016. 

Os oíntes de Radio Voz escoitaron este pasado venres o Ecopreguntoiro entre os rapaces dos colexios Santa Baia de Boiro e La Merced de Lugo. Os participantes do colexio Santa Baia foron Adolfo Rodríguez, Sandra Torrado, Sergio Vázquez, Rita Sánchez e Thiago Viturro. En fronte estaban Iago Arias, Pablo Cao, Fabio Vilaro, Miguel López e Iago Simón. Finalmente, foron os rapaces de Boiro os que conseguiron a vitoria cun 7 a 5, pasando así aos cuartos de final. Este vindeiro venres, por mor da Semana Santa, non haberá Ecovoz. foto carmela queijeiro

Advertisements

A radio -Lucía V. e Lara-

 

A radio é un medio de comunicación que se basa no envío de señais de audio, a través de ondas de radio. O día internacional e o 13 de febreiro. A radio cambio moito nestes últimos anos, pasou de ser unha radio antigua a unha moderna. Ahora na radio xa se encontran programas, musica,comedia e outros temas interesantes. A nos gustanos moito a música de pop-rock.

Guillermo Marconi é o italiano que inventou a radio a finais do seculo XIX. Naceu o 25 de abril de 1874 en Bolonia e faleceu o 20 de xunio de 1937 en Roma. En 1909 gañou o premio novel de física. A demais gañou a medalla Franklin. Foi presidente da academia naccionali dei lincei. O Rey Victor Manuel III nombrouno marqués co que pasou a recibir o trato de LLustrísimo Señor.

Nikola Tesla logrou transmitir a enerxía electromagnética sen cables, construindo o primeiro radio trasmisor.

 

 

 

 

 

A RADIO – Sheila e Rita

     Que é a radio?

A radio é un medio de comunicación basado en envíar señais de audio a través de ondas de radio.

Este medio de comunicación serve para entreter e informar ás persoas que a escoitan.

     Quen inventou a radio?

Neste apartado foi moi díficil atopar a información xa que foron bastantes os que interviron na invención do radio. Finalmente atopamos isto, que curioso! 

Neste invento interviron moitas persoas non obstante, dise que o que realmente o patentou foi o italiano Guillermo Marconi; pero Maxwell, un científico británico foi o que descubriu as ondas electromagnéticas, a pesar diso o que fixo un aparello que funcionase a través destas ondas foi Alexandr Popov, aínda que máis tarde o que o mellorou e o patentou foi Guillermo. 

     Como funciona a radio?

A radio funciona con ondas electromagnéticas, estas para chegar  dende un estudio de grabación de radio ata as nosas casas ou coches precisamos unha antena de radio.

Nos móbiles precisanse un cascos de música ou aurículares que actúan como antenas.

   Curiosidades

O día da radio é o 13 de febreiro porque os Nacións Unidas crearon a primeira emisora de radio e ese mesmo día emitiuse o primeiro programa. 

                 radio

O SÁHARA

Os nenos de Valores: Rita, Adolfo, Borja e Susana decidimos facer o traballo de “Culturas do Mundo” decantándonos polo Sáhara.20151130_111030

Ata o momento fixemos o seguinte:

  • Buscamos información. Para iso repartimonos o traballo entre nós ademais de extraer datos de diversos vídeos.
  • Fixemos o globo da biblio coa bandeira do Sáhara.
  • Elaboramos un mural con fotos dunha antiga exposición que houbo na Cachada organizada polo mestre Agrafoxo.
  • Pedimoslle á mestra Carmela que nos deixara unha “melfa” para vela e amosala.
  • Descubrimos a unha cantante reinvicativa do Sáhara: Mariem Hassan.

Que nos queda por facer?

  • Preparar a exposición do noso traballo para o resto dos compis do cole.
  • Traballar termos en árabe.
  • Gústarianos organizar un evento ou campaña para axudar a xente que vive nos campamentos de refuxiados Saharauis.

UN GRAN EXEMPLO DE VALENTÍA

O noso compañeiro Alex quixo amosarnos unha entrevista que lle fixeron a el máis á súa familia o programa da TVG Boas Tardes. Sen dúbida, pareceunos súper interesante e un grandísimo exemplo de valentía, forza e ilusión. Por iso queremos transmitir vía web (empregando este blog) o mesmo forte aplauso que lle demos a Alex na clase.

22 apertas para vós da clase de 6ºC!

BOAS TARDES (TVG) ( clic na hora e vinte -1:20- de programa)