Saímos no xornal!

A continuación plásmase a noticia do noso primeiro EcoPreguntoiro recollido na Voz de Galicia dixital do 21 de marzo.

O Santa Baia de Boiro pasa a cuartos de final

Enfrontouse no concurso «Ecopreguntoiro» a La Merced de Lugo

21 de marzo de 2016. 

Os oíntes de Radio Voz escoitaron este pasado venres o Ecopreguntoiro entre os rapaces dos colexios Santa Baia de Boiro e La Merced de Lugo. Os participantes do colexio Santa Baia foron Adolfo Rodríguez, Sandra Torrado, Sergio Vázquez, Rita Sánchez e Thiago Viturro. En fronte estaban Iago Arias, Pablo Cao, Fabio Vilaro, Miguel López e Iago Simón. Finalmente, foron os rapaces de Boiro os que conseguiron a vitoria cun 7 a 5, pasando así aos cuartos de final. Este vindeiro venres, por mor da Semana Santa, non haberá Ecovoz. foto carmela queijeiro

Advertisements

Concurso máis que en marcha!!

1ª Rolda superada! Pasamos á cuartos de final! Noraboa aos 5 integrantes do Ecopreguntoiro (que responderon moi ben a varias preguntas de Sociais, Naturais e de Ecoloxía). Pero tamén noraboa aos que participantes da EcoVisita e do EcoConsello (dous pequenos anuncios que foron rodados no colexio para promover hábitos ecolóxicos e asemade promocionar espazos naturais de Boiro). Podedes escoitalos na páxina do colexio.

Agora a polo EcoVideo e a EcoFoto!!

En breves, para aqueles/as despistados que non escoitaron a emisión do concurso, subiremos o audio.

 

UN GRAN EXEMPLO DE VALENTÍA

O noso compañeiro Alex quixo amosarnos unha entrevista que lle fixeron a el máis á súa familia o programa da TVG Boas Tardes. Sen dúbida, pareceunos súper interesante e un grandísimo exemplo de valentía, forza e ilusión. Por iso queremos transmitir vía web (empregando este blog) o mesmo forte aplauso que lle demos a Alex na clase.

22 apertas para vós da clase de 6ºC!

BOAS TARDES (TVG) ( clic na hora e vinte -1:20- de programa)