O SÁHARA

Os nenos de Valores: Rita, Adolfo, Borja e Susana decidimos facer o traballo de “Culturas do Mundo” decantándonos polo Sáhara.20151130_111030

Ata o momento fixemos o seguinte:

  • Buscamos información. Para iso repartimonos o traballo entre nós ademais de extraer datos de diversos vídeos.
  • Fixemos o globo da biblio coa bandeira do Sáhara.
  • Elaboramos un mural con fotos dunha antiga exposición que houbo na Cachada organizada polo mestre Agrafoxo.
  • Pedimoslle á mestra Carmela que nos deixara unha “melfa” para vela e amosala.
  • Descubrimos a unha cantante reinvicativa do Sáhara: Mariem Hassan.

Que nos queda por facer?

  • Preparar a exposición do noso traballo para o resto dos compis do cole.
  • Traballar termos en árabe.
  • Gústarianos organizar un evento ou campaña para axudar a xente que vive nos campamentos de refuxiados Saharauis.