A Concursaaar!!

Hoxe enviamos as nosas creacións literarais ao concurso O FACHO organizado pola Asociación que leva este mesmo nome. Alí diriximos relatos do máis divertido e orixinal, esperamos que disfruten ao lelos tanto como nós facéndoos! Crucemos os dedos!

20160408_084328

Advertisements

Saímos no xornal!

A continuación plásmase a noticia do noso primeiro EcoPreguntoiro recollido na Voz de Galicia dixital do 21 de marzo.

O Santa Baia de Boiro pasa a cuartos de final

Enfrontouse no concurso «Ecopreguntoiro» a La Merced de Lugo

21 de marzo de 2016. 

Os oíntes de Radio Voz escoitaron este pasado venres o Ecopreguntoiro entre os rapaces dos colexios Santa Baia de Boiro e La Merced de Lugo. Os participantes do colexio Santa Baia foron Adolfo Rodríguez, Sandra Torrado, Sergio Vázquez, Rita Sánchez e Thiago Viturro. En fronte estaban Iago Arias, Pablo Cao, Fabio Vilaro, Miguel López e Iago Simón. Finalmente, foron os rapaces de Boiro os que conseguiron a vitoria cun 7 a 5, pasando así aos cuartos de final. Este vindeiro venres, por mor da Semana Santa, non haberá Ecovoz. foto carmela queijeiro