A Concursaaar!!

Hoxe enviamos as nosas creacións literarais ao concurso O FACHO organizado pola Asociación que leva este mesmo nome. Alí diriximos relatos do máis divertido e orixinal, esperamos que disfruten ao lelos tanto como nós facéndoos! Crucemos os dedos!

20160408_084328

Advertisements

Saímos no xornal!

A continuación plásmase a noticia do noso primeiro EcoPreguntoiro recollido na Voz de Galicia dixital do 21 de marzo.

O Santa Baia de Boiro pasa a cuartos de final

Enfrontouse no concurso «Ecopreguntoiro» a La Merced de Lugo

21 de marzo de 2016. 

Os oíntes de Radio Voz escoitaron este pasado venres o Ecopreguntoiro entre os rapaces dos colexios Santa Baia de Boiro e La Merced de Lugo. Os participantes do colexio Santa Baia foron Adolfo Rodríguez, Sandra Torrado, Sergio Vázquez, Rita Sánchez e Thiago Viturro. En fronte estaban Iago Arias, Pablo Cao, Fabio Vilaro, Miguel López e Iago Simón. Finalmente, foron os rapaces de Boiro os que conseguiron a vitoria cun 7 a 5, pasando así aos cuartos de final. Este vindeiro venres, por mor da Semana Santa, non haberá Ecovoz. foto carmela queijeiro

Concurso máis que en marcha!!

1ª Rolda superada! Pasamos á cuartos de final! Noraboa aos 5 integrantes do Ecopreguntoiro (que responderon moi ben a varias preguntas de Sociais, Naturais e de Ecoloxía). Pero tamén noraboa aos que participantes da EcoVisita e do EcoConsello (dous pequenos anuncios que foron rodados no colexio para promover hábitos ecolóxicos e asemade promocionar espazos naturais de Boiro). Podedes escoitalos na páxina do colexio.

Agora a polo EcoVideo e a EcoFoto!!

En breves, para aqueles/as despistados que non escoitaron a emisión do concurso, subiremos o audio.

 

Concurso ECOVOZ

A continuación, neste blog, aparecen unha serie de traballiños da clase de 6ºC sobre a Radio (nacemento, evolución, inventor, o papel do radio na actualidade, etc). Por que? Pois porque participaremos no concurso de radio Ecovoz, competindo con outros centros sobre ecoloxía, temas relacionados ca natureza e ca xeografía. Así que, o lóxico era comezar polo principio… que é a radio??? 🙂

Pasen, vexan e ilústrense!!

A radio -Fátima e Susana-

A RADIO

¿Qué é a radio?
Aradio é un medio de comunicación que posibilita a transmisión de sinais mediante a modulación de ondas electromagnéticas.
Invención da radio
Aradio é posible grazas a todas as contribucións dunha gran cantidade de científicos de varios países. Pero finalmente atribuíronlle o mérito a Guillermo Marconi.
Naceu en Bolonia o 25 de Abril de 1874,e enterrado en Roma o 20 de Xuño de 1937, con 63 anos.

A radio -Clara e Carolina-

descarga

¿Que é a radio?

A radio é un medio de comunicación, que baséase no envío de señais de audio a traves das ondas sonoras. Na actualidade, nalgúns casos, utilízase a radio por internet.

¿Quen a inventou?
Nikola Tesla inventou a radio no siglo XIX. O 2 de xulio de 1897 no Reino Unido, Julio Cervera rexistrou a creación. Un ano máis tarde Guillermo Marconi patentou a radio. Pero o 21 de xuño de 1943 a Corte Suprema dos Estados Unidos otorgou os dereitos da patente a Tesla e non a Marconi,pola invención da radio. QUE REBUMBIO!!!!

¿Para que serve?
A radio serve para comunicar noticias, opinións sobre temas, música…NON CHE GUSTARÍA A TI FALAR POLA RADIO ALGUNHA VEZ? SEGURO QUE SI… Na actualidade o radio utilízase para escoitar partidos de Fútbol, Musica a todo trapo ou incluso cancións infantís para entreter aos rapaces. A RADIO E MOITO MÁIS DO QUE PANSAS.

¿Cómo se desenvolveu?
Aradio desenvolveuse tamén como medio económico, cultura, educación…Os empresarios invadiron o mercado con este invento, porén a xente que máis apreza a radio son os maiores. A partir disto a radio foise mellorando ata chegar aos nosos días co MP3.

A QUE A RADIO NON É O QUE PENSÁVADES!!!!!!!